lunes, 5 de mayo de 2014

Nin verde, nin marciano, simplemente galego, por Ramón Cadórniga Mao, A Coruña


Non son antitaurino, nin antiespañol. Son galego de Galicia e non me gustan as corridas de touros. Quizais por iso, para algúns sexa un cidadán doutro mundo, xa que neste está España. Dende logo, non teño antenas, non son verde, máis ben son moreno, polo tanto, non parece que sexa marciano. Non se onde están os outros mundos, por moito que os intento ver. O que si é para min unha realidade é o meu país, Galicia, que segundo algunhas informacións se está a despoboar. A xente nova está a marchar, non a outros mundos, si a outros lugares con máis futuro. Creo recordar que preto de 120.000 mozos galegos saíron de Galicia dende 2008.
Que debemos facer ou, mellor dito, que deben facer aqueles que nos gobernan para evitar este éxodo masivo. É evidente que os gobernantes se deben comprometer para que os mozos galegos permanezan na súa terra, xa que son os mozos os que poden facer de Galicia un país de futuro, con ou sen corridas de touros.
Publicado en La Opinión a Coruña

No hay comentarios: