La revolución tranquila de la gente sencilla. Solo los besos nos taparán la boca.
lunes, 25 de julio de 2011
Fiscalidade.Calquera que visite os Estados Unidos advertiría que en todos os recibos de compra aparecen desglosados, o prezo real do artigo e a cantidade de impostos que se pagan, por moi pequeno que sexa o importe...
Será por isto polo que o americano medio, ao poder levar ao céntimo a cantidade de diñeiro que paga ao fisco entre impostos directos e indirectos, non perdoa ao político trincón nin a mala xestión, e é moi consciente de que ninguén lle dá nada que non haxa previamente pagado. Xa que estamos ás portas da campaña electoral, gustaríame que a alguén se lle ocorrese introducir no seu programa a obrigatoriedade legal de informar ao cidadán dos impostos que paga por cada compra, xa que actualmente só coñecemos a parte, moito máis pequena, que representan os impostos directos. Quizais desta forma conseguiriamos ser moito máis esixentes cos nosos gobernantes e estes interiorizarían o verdadeiro valor do euro á hora de gastalo.
A dúbida é saber ata que punto interésalles tanta transparencia fiscal e se lles convén que nos decatemos de que os Reis Magos do noso Estado do Benestar, somos nós.