La revolución tranquila de la gente sencilla. Solo los besos nos taparán la boca.
lunes, 25 de julio de 2011
"Como cordeiros levados ao matadoiro" A referencia bíblica vólvese hoxe máis oportuna que nunca. Como silenciosos cordeiros levados ao matadoiro, a sociedade enfróntase á peor das súas crises sen levantar a voz, sen elevar a máis liviá bandeira de protesta. Nun país no que hai case 1,4 millóns de fogares con todos os seus membros en paro, algo pasa se iso non conduce a unha manifestación pública de hartazgo e de cabreo...
Case cinco millóns de parados, 4,91 millóns para ser exactos. Faltan 80.000 para chegar a esa cifra maldita da que o Goberno non quere nin ouvir falar, pero chegaremos. E se non, dá igual. O drama segue sendo o mesmo e ten exactamente o mesmo alcance e é igual de intenso, ou é que a cifra de cinco millóns ía facer que a sociedade esperte? O importante non é a cifra, senón a traxedia en si, e que a traxedia non consiga actuar de acicate e espertar as conciencias. Somos unha sociedade adormentada, emboubada, compracente e resignada até un punto case inaudito. Ese é, probablemente, o gran éxito da nosa clase dirixente, conseguir dobregar a nosa vontade até ese punto e que hoxe pareza indiferente que no noso país haxa case cinco millóns de persoas sen traballo, e delas unha porcentaxe moi importante pasándoo verdadeiramente mal para subsistir.