viernes, 3 de enero de 2014

Illa de Ons: utilización dos faros, por Celestino Pardellas de Blas,O Grove



Hai uns días líamos na prensa o anuncio da ministra de Fomento polo que Portos do Estado poría en marcha un plan ambicioso para dar un uso hostaleiro aos faros, respectando o seu valor patrimonial por medio de concesións e dando entrada ao sector privado €".
Ao instante saltaron as alarmas, e o que nos figurabamos xorde. De novo na prensa se nos di: "Que los faros de Ons e Tambo entran na lista de Portos xa que ven neles a compatibilidade do seu uso de sinal de navegación co hostaleiro€".
Dende hai anos eu fun, a través de varios artigos de opinión e cartas ao director, un dos máximos defensores da utilización dos faros das Illas para un uso museístico, didáctico,€, e ata aqueles que estaban automatizados e tiñan un espazo suficiente, dedicalos a uso hostaleiro onde, por un pequeno pago, os estudantes e investigadores tiveran un lugar onde pasar a noite, comer e, sobre todo, traballar e investigar. Tamén argumentaba que estas instalacións deberían estar administradas por Organismos oficiais: concellos ou Xunta e non provatizalos.
Estes faros, segundo o seu tamaño e dispoñibilidade, poderían dispor dun pequeno museo que, ao estar relacionado co mar, podería albergar tamén unha parte dedicada aos naufraxios acaecidos na zona de influencia, con pezas, paneis, filmacións submarinas,€, sobre o accidente, o que suporía un enorme atractivo e daría un maior realce ás instalacións, servindo para desestacionalizar o turismo coñecendo o atractivo que supoñen os faros.
No caso concreto da Illa de Ons, xunto aos de Sálvora e Sisargas, debería respectarse a súa condición actual. Os técnicos de Sinais Marítimas que traballan neles fan una excelente labor de axuda á navegación estando todo o día pendentes do seu bo funcionamento e conservación. Calquera fallo detectado pode ser solucionado no momento, sobre todo se ocorre de noite, sen embargo, cos novos sistemas, por certo carísimos, un pequeno problema pode converterse en grave por non ter unha solución inmediata.
Está claro que nos tempos que corremos os modernos sistemas de navegación e localización que levan os barcos fan case que inútiles aos faros, pero estes sempre serán necesarios xa que non todos os barcos dispoñen deses aparellos ou poden estragarse, tendo no Faro o único modo de axuda.
De todos os xeitos, se Portos quere desfacerse do gasto que supón manter os faros habitados polos seus técnicos, sería importante que, no caso de Ons, o faro pasara a formar parte das dependencias de Parques Nacionais para darlle un uso investigador onde albergar pequenas instalacións dormitorio xunto con biblioteca, salas de exposicións, Museo do Mar especializado nos naufraxios que tiveron lugar nas súas proximidades, e un longo etc., de uso turístico, didáctico, investigador e científico.
Celestino Pardellas de Blas
O Grove


1 comentario:

Anónimo dijo...

Precioso faro y completamente de acuerdo con el autor..