La revolución tranquila de la gente sencilla. Solo los besos nos taparán la boca.
viernes, 18 de abril de 2014
O chollo da excedencia e funcionarios políticos por por X. Farruco
1º.-Que é a excedencia na administración pública? É o privilexio que permite aos funcionarios adicarse as cousas da política sin arriscar.
2º.-Que é un político? É un funcionario público en excedencia.
3º.-Por que todos os políticos son funcionarios públicos en excedencia? Pois porque o teñen moi fácil, non arriscan nada e se fracasan na política ou cansan dela, volven outra vez para o seu posto de funcionario, que espera por eles o tempo que sexa.
4º.-Por que os funcionarios públicos se meten na política? Para gañar máis diñeiro, é o único obxectivo que teñen, por iso sementan a confusión. “A río revuelto ganancia de pescadores”. Está claro que o privilexio da excedencia é un chollo na función pública.
5º.-Quen son os ricos de hoxe? Son os políticos excedentes da función pública que gañan moito diñeiro con risco cero e gastos pagos.
6º.-Que é a administración pública na España? E a que fai as leis en forma de embudo. É dicir, eles non as sofren, só son para aplicarlles os vasalos dos cidadáns.
7º.-Que é un Rei? É o funcionario maior ou funcionario Deus, posto a dedo polas divinidades excedentes/dirixentes da administración pública.
8º.-Que é a Constitución? Son as leis escritas polos deuses e divinidades da administración pública, para que os vasalos non digan nin mú. Só pode ser cambiada polos funcionarios en excedencia adicados á política, cando lles teña conta.
9º.-Quen fan as leis? Os funcionarios públicos dirixidos polos políticos excedentes da función publica. Daquí vén a lenda de, “quen fixo a lei fixo a trampa”. É dicir, aforados eles mentres os cidadáns/vasalos reciben todo o peso das leis do embudo.
10º.- Por quen votamos, cando votamos? Votamos sempre por funcionarios públicos, sexan da dereita, do centro ou da esquerda. Os compoñentes dos partidos son todos funcionarios públicos en excedencia metidos a política.
12º.-Que outros políticos excedentes da función pública existen, aparte de presidentes, ministros, reis, diputados, alcaldes, concellerios, etc…? Temos un lote deles e todos aforados, como o defensor do pobo, os sindicalistas, os dos empresarios, delegados do goberno, políticos de autonomías inventadas, conselleiros, etc… o mesmo golpista Franco, tamén fora funcionario público do sector militar..
13º.-Por que hai corrupción? Porque a base política xa nace corrupta, coa excedencia.
14º.- Que habería que fazer cos políticos actuais en excedente/excelencia? Paralizarlles a actividade por xogar con ventaxe e o mesmo tempo anularlles a posibilidade de que poidan voltar o antigo posto de funcionario público.
15º.- Estase en contra dos funcionarios? Non, só cos que usan o privilexio corrupto da excedencia para meterse na política, e voltar á función pública cando queiran.
19º.-Vostede cre que o invento da España ten futuro, cando os políticos son todos funcionarios en excedencia? O futuro que os políticos/excedentes fixeron, estamos a vivilo no presente. Menuda lotería nos tocou cos contables no poder, herdado desde miles de anos e sin darnos conta.
20º.-A solución sería prohibir a excedencia na administración cara política! Por que? Porque sen a excedencia os funcionarios non se arriscarían a perder o seu posto de traballo.Este privilexio fora da política daría paso a novas xeracións de políticos vocacionais que sentiran a representación.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario