lunes, 25 de julio de 2011

A Coruña, cidade sen WI-FI. Desde logo, empeza a ser moi preocupante a falta de planificación, ou simplemente non ocuparse dos retos reais que ten a cidade, para non quedar descolgada do mundo da ciber información...


 Ao actual Goberno municipal non se lle escoitou ningún plan serio para güifear a cidade, prescindindo de promesas electorais por parte do PSOE, que máis tarde quedaron niso... En moitas cidades europeas do noso tamaño, os seus cidadáns xa poden gozar de GüiFi gratuíto, ben en toda a cidade ou ben en puntos quentes, que lles permita conectarse, facilitando o acceso a unha ferramenta imprescindible como internet. Xa temos exemplos como Chueca en Madrid que, co o impulso de seus veciños e autoridades, güifearon o barrio, colocándoo definitivamente no século XXI; ou cidades como Marrakech, que con un orzamento municipal moito mais baixo que o de Coruña, xa dispón de un ciber parque, parecido a Santa Margarita; e ata poboacións como Castelldefells, que acaban de guifear as súas praias. Prescindindo dos obstáculos que poidan establecer as autoridades de quenda, ou os simples intereses empresariais, é exixible ao Goberno municipal que dea un paso adiante e se tome moi en serio esta cuestión; se non é así, os coruñeses quedaremos en desvantaxe en relación con outras cidades, que xa deron solucións nesta dirección, para facilitarlle a seus veciños maiores oportunidades en todos os campos.