que quedou por diante doutras como a Complutense de Madrid, a de Valencia, a Autónoma de Barcelona, Selecta, Santiago de Compostela, Sevilla e Zaragoza.
Os promotores deste estudo pretendían con iso descubrir a distancia que existe entre as universidades chinesas e as do resto do mundo, particularmente en aspectos de funcionamento académico ou de investigación. Aínda que a calidade das universidades non se pode medir en números exactos, os responsables deste ranking mundial tiveron en conta para a súa elaboración datos como o número de licenciados que obteñan un premio Nobel en cada institución académica, o número de investigadores citados, a cantidade de artigos científicos publicados en revistas como «Nature» ou «Science» ou que se atopen nos índices «Science citation index-stendex» e «Social science citation index», ademais dos resultados académicos de cada Facultade.
Segundo a clasificación realizada por esta universidade chinesa, das 20 universidades con maior calidade en todo o mundo atópanse 17 norteamericanas con Harvard e Stanford á cabeza, dúas inglesas, Cambridge e Oxford e unha xaponesa, a Universidade de Tokio.
En canto ás universidades europeas, son moitos os países que figuran por diante de España neste ranking: Gran Bretaña (Imperial Coll London, Universidade de Edimburgo, Bristol, Universidade de Sheffield, Universidade de Manchester, Nottingham, Birmingham, Leeds ou Liverpool, entre outras); Suíza (Swiss Fed Inst. Tech Zúric, Universidade de Zúric, Universidade de Basel, Universidade de Bern, Universidade de Xenebra e Lausanne); Holanda (Universidade de Utrech, Leiden, Ámsterdam, Groningen ou a Universidade de Erasmus); Alemaña (Universidade de Munich, Técnica de Munich, Universidade de Heidelberg, Goettingen, Friburgo, Humboldt Universidade de Berlín, Bonn, Frankfurt, Hamburgo, Kiel, Muenster ou Tuebingen, entre outras) ou Suecia (Karolinska Estocolmo, Universidade de Uppsala, Universidade de Estocolmo e Goteborg).
Así mesmo, outros países europeos como Francia, Dinamarca, Rusia, Noruega, Finlandia, Austria, Italia ou Bélxica manteñen moitas universidades por encima das españolas no ranking, así como Xapón, Canadá, Australia, Singapur, Israel, China ou Corea do Sur no resto do mundo. Como é comprensible, os países pertencentes ao «terceiro mundo» non teñen cabida nesta clasificación das 500 mellores universidades do planeta, e hai que remontarse ata o posto 400 do ranking para atopar unha universidade africana, a de Witwatersrand de Suráfrica.