La revolución tranquila de la gente sencilla. Solo los besos nos taparán la boca.
lunes, 25 de julio de 2011
'Dimisión', velaquí unha palabra que parece desaparecer do dicionario dos nosos políticos. Dun tempo para acó só dimiten se non queda máis remedio. O último desastre electoral volveu a pór de relevo esta falta de iniciativa. Non se lles pide que se practiquen o harakiri ou se queimen ao bonzo seguindo os canons xaponeses, pero si é sorprendente que xa nin a autoridade das urnas poida con eles...
Hai quen, mesmo, téntano argumentar. O secretario xeral dos socialistas valencianos, Jorge Alarte, dixo: "E dimitir para que, para eu estar contento comigo mesmo, sentirme liberado, irme a casa e dicir que ben, como me imbuín de ética e de coherencia con todo o que dixen" Non, o que teño que facer é seguir.
Os políticos españois, case todos eles, acceden á política porque buscan un modus vivendi.Están a buscar un posto de responsabilidade que lles poida servir a eles para negocios, para ter boa axenda de contactos, ou para conseguir un posto de traballo.Antes tiñan os seus traballos e oficios pero agora se quedan sen posto, vanse directos ao paro.
É ese concepto de que, o que se move , non sae na foto, a idea de que hai que estar porque o que dimite perde o sitio para sempre. Ninguén asume o custo do fracaso da súa xestión. Aquí quen rompe, non paga.
A realidade demostra ao final que a teoría se queda nos libros e as teses do que debería ser un político en democracia non son máis que meros soños, utopías que se dan de bruzos contra escanos, despachos e bastóns de mando.